7 abril 2015

Compañía L’Indignati presenta: «Ratas D’Alcantarilla»



11059701_805260289550012_6499959499206396769_n

Domingo 12 de abril ás 19.00: Ratas D’Alcantarilla da compañía L’Indignati

No serán do domingo temos o pracer de contar coa colaboración da compañía L´Indignati que nos presentarán a obra «Ratas D´Alcantarilla».

A vila de Alcantarilla está a sufrir unha terrible praga de ratas. Os habitantes piden axuda ao concello, pero son ignorados. Poderán liberarse desta invasión roedora? Ou necesitarán a axuda dun personaxe misterioso?

O prezo da entrara será de 3 eurilios, íntegro para a compañía de teatro.