7 mayo 2018

Cowtown



cowtown

Mércores 9 de maio ás 20.30

Parapaparapapá!
Este mércores 9 vai ser especial,
Porque temos os Cowtown na ciudá,

Tres de Leeds, con moito flow DIY,
Se fala de Devo, Breeders, bandas sonoras de Cazafantasmas e Teen Wolf,
Vas a quedar na casa habendo este movidón?

O seu último disco, «Paranormal Romance» ten de todo e todo bo.
Post punk, garaxe new wave? Nós dicimos temazos axitados con urxencia e que fan bailar, pensar e disfrutar. As voces, guitarra batería e teclados envolven cancións brillantes que transmiten a vitalidade e frescura de un kart recén pintado con spray verde menta.
https://cowtown.bandcamp.com/album/paranormal-romance

Abriremos portas ás 20.30 e o grupo comezará as 21.00

Entre 5 e 8 € á vontade que irán íntegros para os artistas, que esta boa xente terá moita gasolina que apañar. E coma sempre, todos os líquidos e sólidos que o teu corpo necesita para non desfalecer a prezos wachinei.