9 diciembre 2014

Cró + Trilitrate + Instalación Artística



10838113_738765549532820_5808612574422505696_o

CROSMOLATRE: Vaia evento guapo!

Temos montada unha festa que é difícil de crer! Non só pola potencia musical, senón tamén polo contexto que nos agarda.

¿Que é CROSMOLATRE?

CRÓ!
Dende Vigo, estes catro malandríns xa son vellos coñecidos do mutante. Non son a típica banda de rock convencional, senón un rock apaixonado, con sentimento e múltiples influenzas que van dende o jazz ata os sons africanos. Pertencen ó colectivo Metamovida e presentarán o seu último disco “Pera”. Tras abraiarnos con “Onkalo”(2012) ou “Cró!”(2009), damos por seguro que vai ser un directo digno de escoitar. Sendo gañadores de tantos premios, non cremos que tanta xente estea trabucada.

Dálle ó play: http://spacecro.bandcamp.com/album/pera
Videoclipeee: http://vimeo.com/89635481#at=1

TRILITRATE
Trilitrate é unha das últimas incorporacións do colectivo Metamovida. Xurde en 2010 e componse por membros de diferentes formacións viguesas. Trala súa primeira gravación, tócalles presentar o seu último disco “Faláchesme na man”. Este trío abre, coa súa música, sendeiros novos polos que pasa a improvisación, o noise ou o jazz, e todo isto é aderezado con proxeccións a tempo real. Este verán pasaron por moitos festivais galegos de renome, como o Sinsal San Simón, do que aseguramos que estiveron incribles.

Escoita o disquele: http://trilitrate.bandcamp.com/
Vídeo molón: https://www.youtube.com/watch?v=hjb4fvG4C7s

E por se isto fose pouco, o COLECTIVO TOPITO presentará dentro do proxecto “Bóreas” de Laura Iturralde e xunto a xente coma Montse Piñeiro, Elvira Fernández, María Gutierrez, Javier Quintana e Coti Faro unha instalación artística para que o evento sexa o máis especial posible. Van renovar a imaxe do Liceo cunha escenografía brutal. Así que xa sabes, non sexas parvo e ven a pasar unha noite única ó Liceo Mutante.

Abriremos portas ás 20:00h e os concertos comezarán todo o puntual que poidamos. Haberá un donativo de 5€ para as bandas e teremos comida e bebida ós prezos de sempre.

ACUDE, APOIA E DIFUNDE!