15 mayo 2017

Daikiri + Clinton Green



daiki

Domingo 21 de maio ás 20.30

DAiKiRi = a apisonadora de Metz.
Hai unha pantasma que percorre Europa, e chámase zapatilla europea. Don Vito, Pneu, Zu…toda unha banda de desalmados que non teñen moito respecto polas túas orellas. Alto voltaxe e caña bruta, pero con toda a francesidade, a suavidade estética duns galáns provintes de Le Singe Blanc e Myster Möbius. Se fosen un eletrodoméstico, serían unha lavadora centrifugando. Se fosen un animal, serían un colibrí. De ser unha prenda…bueno xa o colliches non?
https://daikiri.bandcamp.com/

O australiano Clinton Green é un buscador, programador e executor de música experimental. Leva xa dende os 90 aproximándose á música dende as técnicas novedosas que empregan a guitarra, os tocadiscos e todo tipo de obxectos para crear sons únicos, irrepetibles, sempre en plenitude por non poder repetirse
http://clintongreenmusic.com/

Tés unha dobre cita para as mentes abertas, un domingo calquera que che pode lustrar o terceiro ollo, pedindo como donativo só entre 5 e 8€ á vontade para os artistas. Ábrete!

Guardar

Guardar