27 agosto 2018

Dame Area + Futuro de Hierro



area

Venres 31 de agosto ás 20.30

Despedimos un agosto que nos trouxo calor e moitas alegrías con dúas propostas ben especiais vidas do subsolo barcelonés: Dame Area + Futuro de Hierro

Dame Area
«Nada é verdade, todo está permitido»
É un dúo inspirado por Coil, Suicide, Franco Battiato, Gary Numan e Dino Buzzati. Emerxe dende a fértil escena underground de Barcelona e revisita a estética postindustrial cun enfoque disidente de espirito libre a través de ritmos tribais, teclados hipnóticos, sons oníricos e voces inquietantes.
https://damearea.bandcamp.com/releases

Futuro de Hierro
Tras Futuro de Hierro está Víktor Lux Crux, unha figura clave na vibrante escena post-industrial barcelonesa como músico, produtor e co-fundador do selo Màgia Roja. Colaborador de Jochen Arbeit ( Einstürzende Neubauten), de Nurse With Wound ou Paddy Shine e Chris Haslam de Gnod.
Con Futuro de Hierro mestura o legado de Esplendor Geometrico e Throbbing Gristle co peso de Swans e transcende o nihilismo do xénero creando unha cosmogonía de cancións onde o persoal, o esotérico, o presente e o futuro mestúranse. Os seus shows en directo son viscerais e enerxéticos, nun enfoque artesanal da música electrónica, cun control único de axustes rítmicos, dinámicas e ruído.
https://futurodehierro.bandcamp.com/

Vén bailar a distopía con nós por unha axuda entre 5 e 8 €