13 marzo 2014

Derrota + Banda por confirmar no Liceo Mutante!



derrota

Sábado 15 de marzo ás 20.30

Outro sábado que será memorable no Liceo Mutante.

Dende Valencia chega a apisoadora Derrota. Son 3, levan máis de 10 anos tocando e fan un hardcore-punk directo. Colle forzas e prepárate para o que ven, xa que o seu último disco “Guerra Civil” é pura dinamita. Levan máis kilómetros que Willy Fog e Pontevedra non escapa ó seu paso. ¡Tutupa-tutupá!

Escoita “Guerra Civil”: http://derrotapunk.bandcamp.com/album/guerra-civil-lp
Tocando en México: http://www.youtube.com/watch?v=xBC0TOoTrH0

Non quedes na casa vendo tele-lixo. Ven ó Liceo Mutante e por só 5 euriños (de donativo para as bandas) pasarás unha boa tarde-noite no mundo real. Haberá, coma sempre, comida e bebida a prezos populares para que non te baixe a tensión.