13 marzo 2014

EGO de Pinga Teatro



pinga_teatro

Domingo 16 de marzo ás 20.30
Repetimos coa compañía Pinga Teatro pero desta vez presentarannos este soleado domingo EGO, un monólogo interpretado polo actor moañés Fran Paredes.
«Ego» é un texto escrito e dirixido por Miquel Condal e que ten como protagonista a un pintor que se atopa nas súas horas máis baixas e de escasa creatividade. Ante esta situación o artista decide pecharse cada día para rememorar e gravar diante dunha cámara de video toda a súa traxectoria. O argumento da obra é precisamente o que grava o protagonista nun dos días dese particular encerro, no que o monólogo interior nace froito do discurso consigo mesmo.

A obra dura aproximadamente uns 70 minutos, tempo no que ese artista saca por momentos o seu lado máis egoísta, ás veces perverso, outras contradictorio e outras infantil. Na representación xogan un papel importante na o uso da luz escenográfica, a técnica do audiovisual e a música.

Lembrade traer os vosos carnets de soci@s para facilitar o voso acceso ao Mutante. Procurade vir con tempo de desfrutar do noso xardín porque seremos puntuais!!! Desta vez o donativo integro para os artistas será de só 5 euros.

Deixade por un dia o vosos propios Egos e adentrádevos no EGO da condición humana. Vémonos!