15 diciembre 2014

Es un Árbol



10174992_741094242633284_8071418282623021438_n

Venres 19 ás 20.30

Lembro todas as veces que vin a Es un Árbol en directo. Sempre vou ó concerto coa cabeza baixa, sen expectativas na vida e ó final saio cun sorriso de orella a orella. Deixa os antidepresivos na casa, isto é o remedio natural máis efectivo.

Poderían catalogarse como rock absurdo, pertencen ó colectivo Metamovida e comparten compoñentes con Cró! Están tan acostumados a encher estadios que a súa visita ó Liceo Mutante será unha excepción que agradecemos. Tralos discos “El anterior disco de Es Un Árbol” e coas risas que nos botamos con “La buena nueva”, reaparecen con “En el parlamento”, un álbum gravado nos estudos Pastora. Este disco fai un percorrido polas problemáticas do Corte Inglés, das patentes de Monsanto ou mesmo da historia da Rusia contemporánea. Todo isto dunha forma fácil de entender, como un capítulo de Barrio Sésamo pero con máis risotada.

Escoita “En el parlamento”: http://esunarbol.bandcamp.com/album/en-el-parlamento
Arriba! https://www.youtube.com/watch?v=Lf1JfgCIizg
Directo completo no Rincón Pio Sound, ese lugar: https://www.youtube.com/watch?v=TlLvOymqt8M

Xa sabes, por so 5 euriños para o peto dos rapaces, que precisan pagar a peaxe para voltar a casa despois. Haberá comida e bebida a prezos de 1996.