19 diciembre 2017

Festa de presentación do Cosmonauta Tropical



cosmonauta

Venres 22 de decembro ás 20.30

Atención, embárganos a emoción de acoller no noso humilde espazo semellante sarao que preparan as nosas queridas amigas cosmonautas:
Festa de Presentación do Cosmonauta Tropical!!

«Pra quen non o coñeza, o Cosmonauta Tropical é un fanzine adicado á investigación da risa e a miseria vital propia destes tempos. Pola publicación do seu novo exemplar convídavos a todos a unha agradable velada onde desfrutar da música e do audiovisual. No mellor sitio do planeta, o noso querido Liceo Mutante.

Con actuación estelar de ZARA, a marca española mais valiosa do mundo (Teo e Cibrán facendo o seu). Despois pincharán El Tiburón e algúns temas máis os DJs de moda do constitucionalismo PDR SNCHZ coa colaboración especial de MIQUEL ICETA DJ pra reventar o dancefloor. Ademais, nalgún momento estrearase o ¿anuncio? ¿video promocional? elaborado por PRENOM, o estudo de referencia encanto a tolemia audiovisual. Para rematar o programa desta celebración comunitaria, as Cosmonautas darán un breve discurso e poderase mercar o novo número.

Vémonos alí xente!»