16 abril 2018

Gran Gran + Corbi + Frank?



gran gran

Venres 20 de abril ás 20.00: Gran Gran + Corbi + Frank?

A noite do venres 20, temos un motivo para reunirnos todas arredor da calor mutante, todo grazas ós artistas que veñen visitarnos.

Gran Gran é o trío formado por Jordi A. Puigventós (batería, metalófono e voz), Lucas Vázquez (voz, guitarra eléctrica, sintetizadores) e Marcos Flórez (baixo eléctrico, visuais e voz). A súa música busca despertar lentamente todos os volcáns inactivos.
Veñen presentar o seu primeiro LP gravado na Zona Temporalmente Autónoma, por Óscar Moreno a.k.a. Ojo, e está editado por GrabacionesDeTripa, con textos cantados en náhualt, portugués e castelán. Escóitao no seu bandcamp!:

https://detripa.bandcamp.com/album/gran-gran-lp
https://www.facebook.com/sonidograngran/
https://www.facebook.com/sonidograngran/videos/394022731013319/
https://vimeo.com/233450461

As cancións creadas por Corbi (queridísimo socio mutante((Montclair, Matadero 5)) móvense entre a fraxilidade, a dozura, o berro intanxible e o caos melódico. Nas súas letras podemos escoitar ó máis mínimo detalle o inexorable das cousas/relacións cotiás, onde cada intre é unha peza fundamental para coñecer máis de cerca as nosas emocións, eses pensamentos nos que non adoitamos reparar, pero que amosan un universo no seu interior. Só precisa unha guitarra e a súa voz para crear os seus universos, escoita algunhas pezas que ten!:



Frank é un rapaz pontevedrés que se move na incerteza, na incoherencia política, na búsca do ben e do mal. El é coma ti, só sabe 4 acordes de guitarra, pero anda cheo de dúbidas e de rabia, tratando de atopar o seu lugar no mundo e o da xente que se ve todos os días nun espello sen fondo…xoga coma un crío no seu cuarto de xoguetes, comete erros e pregúntase, ¿son isto? ¿Son Frank?
Virá acompañado de David á batería, fai un tempo decidiu autoeditarse un disquiño coa colaboración dos seus amigos, escóitao, porque é máxico:

https://frankinterrogante.bandcamp.com/releases


https://www.facebook.com/frankienterrogante/

Vén desfrutar destes 3 proxectos, aportando coma sempre, un donativo de entre 5 e 8 euros, neste lugar que construímos entre todas, coñecido como Liceo Mutante.