24 junio 2015

GRIPO GRIPO (V Xornadas de edición modesta do Liceo Mutante)



11401322_838664269542947_3526766445092261144_n

Por fin! Aquí están! Xa chegaron as agardadas xornadas de autoedición/edición modesta do Liceo Mutante.

Non sabedes de que vai a movida? Explicámosvolo sen problema:

Durante a tarde e a noite dos días 26 e 27 de xuño, o Liceo acolle unha feira bastante xeitosiña na que creadores chegados de diversos puntos da península e incluso de máis aló amosan e venden os seus fanzines, libros, discos, láminas… A condición é que as súas propostas estean directamente relacionadas co mundo da edición. Temos a sorte de contar en todas as edicións con participantes de nivelón e este ano non é que non sexa unha excepción, é que a petamos máis ca nunca. A falta dalgún retoque e da confirmación de última hora dalgúns convidados, esta é a tropa que ven este ano:

Cosmonauta Tropical
Fosfatina
Discos Porno
Noche Líquida
No Dejaré Que Salves Este Mundo
Santi Paredes
Santi Zubizarreta
Drama Sureño
Seara Records
Conxita Herrero
Los Bravú
Paper Cinético
Dispers_ed
Nuria Figueiredo
Berto Fojo
Cosas Fanzine
Julia Abalde
Terranova
Mancebía Postigo
Tik Tok Comics
Orfidal Zine
Cabeza de Corte Aéreo
Kistchlovers Editions
Clara Moreno
NANVAZ
Xiomara Correa
Sergio Covelo
Montse Piñeiro
Dale Rico
Javier Lozano
Spaceship Magazine
ALUD
Taiga
Soy Tu Fan Número Uno

Ademáis de todo isto, e por non faltar á tradición, contaremos tamén con dúas actuacións musicais de traca: LOBISHOME (venres 26) e Juventud Juché (sábado 27).
Non faltarán os postos de comida e lambonadas que tan boa fama lle están a dar ós eventos máis multitudinarios do Liceo.

Lembrade que a entrada para os dous días é totalmente de balde.

HORARIOS:

– Venres 26:
18.00. Apertura de portas da feira
21.00. Concerto de LOBISHOME
22.00. Peche

– Sábado 27:
14.00. Comida de confraternización (só para participantes, non está aberta ó público)
17.00. Apertura de portas
21.00. Concerto de JUVENTUD JUCHÉ
22.00. Tradicional rifa de clausura.
23.00. Peche final

Vémonos no Gripo Gripo!!