Sábado 3 de febreiro ás 20.00: Innopiah + Los Puta Mierda + Medio Grumo
O sábado 3 de febreiro temos unha de comercio local e xusto, DIY de trincheira e aloitador!
Véñennos visitar tres formacións pontevedresas ben cucas para unha xornada de disto e fraternidade.
INИO中I∀HỊ naceu en 2008 como banda dunha persoa producindo e publicando os seus álbumes de xeito autónomo.
Un traballo «faino ti mesmx» cheo de composicións propias con letras que analizan a pobreza, a desigualdade e as relacións humanas sobre un fondo de sons persoais.
Presentado en directo en espazos liberados e festivais autoxestionados, compartindo cartaz con bandas coma Gatillazo, Mamá Ladilla, A Compañía do Ruído ou Bergallazo.
http://www.innoppiah.com/
Los Puta Mierda son un dúo de Pontevedra que fan o rock’n’roll
Ollo aí!!! Que teñen single e videoclip novo!
https://losputamierda.bandcamp.com/
Medio Grumo van disfrazados de viño de reserva dulce e con solera pero en realidade son como un vinagre aberto e picante fóra do frigorífico listo para estropear a túa ensalada!
https://www.facebook.com/mediogrumo/
Tres artistazas que estarán atronando no Liceo e só solicitan entre cinco e oito euros como donativo. Festón!