25 septiembre 2017

Legendary Tripping presenta: “Viaje legendario”



alegendary

Venres 29 de setembro ás 21.00

Legendary Tripping presenta “Viaje Legendario”
unha sesión única e especial de curtas e vídeos musicais repasando a historia desta pequena produtora de cinema DIY.

Detrás de Legendary Tripping atópase Eric Uguet que estará con nós esta noite tan especial para presentar o traballo. Deixemos que sexa el quen nolo conte:
“Ola amigos,
Co motivo do décimo aniversario de Legendary Tripping prepareivos unha hipnótica sesión especial que entrelaza algunhas curtas e vídeos clásicos con material novo e inédito.
Se as vosas pulsación van a dous e atráenvos as luces brillantes, este é o voso evento. Unha boa dose de vídeo drone e cinema DIY.
Espero vervos aí! ”

AVISO: haberá momentos nos que haxa luces estroboscópicas
Duración: 55′ aprox.

http://www.legendarytripping.com/

Entrada de balde