9 mayo 2017

Los Nitxos + Thee Boas



boas

Sábado 13 de maio ás 20.30

Los Nitxos son de Vitoria-Gasteiz. Pode ser o único que poidamos afirmar desta intrincada, histórica banda. Post-punk, proto-punk ou rock pantanoso das antípodas? No camiño intermedio de Joy Division a Stereolab podes atopar a estes cinco desafiantes figuras do underground euskal. Ollo con eles!
https://losnitxos.bandcamp.com/album/carnalito

Os Thee Boas son vellos parroquianos do piso baixo da música subterránea galega. Traballan coas tres eses: Spacemen 3, Stooges e Scientists. Veñen de gravar o seu primeiro disco e o rollo é que te mergulles na sua «psicodelia densa», o seu pantano velvetiano. Riquísimo.
https://theeboas.bandcamp.com/album/word-1

Date un pouco de gloria para o corpo sen arrepentemento e dona entre 5 e 8€ para que as furgallas sigan en marcha. Vive e fai vivir!

Guardar

Guardar