4 junio 2012

Mércores 6 de xuño ás 21:30 FUN (Helsinki) + Magneto (Francia)



FUN, dende Helsinki e formados no 2001, son a resposta dende os países nórdicos ao son post-hc noise rock creado nos, 90’s por bandas como SHELLAC ou THE JESUS LIZARD e selos como Touch And Go ou Amphetamine Reptile. FUN son o grupo cunha traxectoria moi sólida en canto a estes sons; a súa carreira demóstrao, claramente: xiraron por europa anteriormente en varias ocasións. Compartiron escenario con bandas como THE JESUS LIZARD, NOMEANSNO, POLVO ou DEERHOOF, e gravaron o seu penultimo disco «Zu-pa! » con Steve Albini en Chicago nos estudos Electrical Audio, visita aos EE.UU. na que aproveitaron para facer unha xira. O seu ultimo disco «New, 13» tambien ten sido gravado en Chicago nos estudos Electrical Audio, editado o pasado mes de outubro do 2010.
FUN sen dúbida ningunha teñen un dos directos máis potentes e convincentes en canto a estes sons en Europa, tendo notablemente os ingredientes que caracterizaron ás mellores bandas do estilo (vexase SHELLAC ou HOOVER…), son tenso e musculoso, perfecta compenetración e un impecable e perfectísimo dominio dos instrumentos.

http://www.noisecorewalze.com/#/main




Estarán acompañados polos franceses Magneto, cun son similar a FUN e que terán un novo disco en maio, botarlles un oído que pagan a pena.
http://magnetosound.bandcamp.com/