2 julio 2012

Monica de Nut: Voz Sóa!!!



A voz sóa é a intimidade espida
Non hai onde meterse
Xa non se sabe quen pregunta e quen responde
O son confúndese coa mirada e coa sensación na pel e nas tripas
Logo de cantar en agrupacións grandes,pequenas, clásicas e modernas, musicais,óperas e teatro, necesito descansar meu son en solitario, no meu recuncho íntimo, co único recurso da miña propia voz.
Voz sóa é canto de raíz, primitivo e visceral
Voz sóa é canto lírico, arias de ópera
transmitindo emoción coa emisión limpa e brillante da música clásica
Voz sóa é canto experimental,
a voz tratada con aparellos electrónicos que repiten e modifican o meu son
Xogos, efectos amplificación do concepto vocal, improvisación libre,
intuición,liberdade,imaxinación…voar
Paisaxes sonoros, composicións efímeras, viaxe sensorial
Voz sóa é teatro, o teatro e o canto están unidos,
botar fora o que se leva dentro
Levo unha maleta, unha carga
Hai moitos obstáculos
Pérdome, cánsome, non sei onde ir
Non queda tempo
Habiámonos felicitar pola nosa resistencia
Respirar
Corro coa maleta
Fago ruído, atrono, estou aquí, estou viva
No bar, no teatro, na rúa
A voz soando sóa, a intimidade espida
Non hai onde meterse

http://vimeo.com/33028242
http://www.monicadenut.com/

Non te podes perder este espectáculo por só 5 euros