17 agosto 2016

Peña



peña

Venres 19 de agosto ás 21.00: Peña

Peña, o rumor dun río que contempla a transformación dun pobo en cidade, o edificio estatal abandoado, a estrada que se deixou a medias, o parque onde xa non xogan nenos… tamén os brotes de herbas e flores nesa estrada, o xesto amable dun vello nun pobo no medio da viaxe, o silencio risoño e pracenteiro cando voltas do roteiro polo monte… unha oportunidade magnífica para asistir a este anaquiño de beleza da man de Toño Rodríguez Magariños (diola, MB), Elena Vázquez (Trilitrate, Cuarteto Dumka) e Rubén Abad (Cró!, Es Un Árbol, Trilitrate):

https://www.facebook.com/movemospenha/

Este venres 19 no Liceo Mutante, polo oitentero donativo de cinco euriños para pagar desprazamentos e demáis!

Guardar