Venres 26 de abril ás 20.30
O venres 26 de abril temos algo moi especial!
Im-Pulsos Creativos trata sobre a experiencia á hora de levar a cabo proxectos culturais de forma independente a través de once relatos onde se nos amosan distintas perspectivas e formas que ten a xestión e a creación artística e cultural en ámbitos que flúen ao marxe das institucións.
Lucía Romaní e Arantxa Pérez Indaverea, as súas creadoras, dan voz nesta publicación a unha realidade moi presente na actualidade pero que existe silenciada. Tratan fundamentalmente os aspectos teóricos e dan lugar a unha reflexión sobre a forma de evolución que teñen este tipo de proxectos que poden definirse coma «Canles alternativas de creación contemporánea», que é precisamente o subtítulo deste volume.
Contaremos con elas ese día para a presentación, na que terán tamén participación Javier Tudela, profesor na Facultade de Belas Artes da UVigo, Xose Lois García, representando ao Liceo Mutante e mais a Roberto Abuín, de Axóuxere Editora.
Achégate ás 20h30 en r/ Rosalía de Castro 100!
Entrada de balde