29 mayo 2017

Rattle



O concerto dará comezo ao remate da Marcha contra Celulosas, porque a ría de todas!!
Por volta das 21.30

rattle

Sábado 3 de xuño ás 21.00

Rattle céntranse casi exclusivamente en tocar baterías e máis baterías baixo unha delicada capa de harmonías vocais e efectos de percusión. O dúo inglés conformado por Katharine Eira Brown – tamén en Kogumaza – e Theresa Wrigley – tamén en FISTS – comezou como un experimento para confeccionar cancións empregando só batería e voz. A súa música tece e entrelaza post-punk, minimalismo e rock experimental con ritmos torcidos, patróns e contra-melodías. Os seus directos son ao mesmo tempo hipnóticos, monacais e bailables e veñen sumado seguidores por todo o continente, incluindo as súas recentes xiras acompañando a Animal Collective nol Reino Unido e a The Julie Ruin por toda Europa, ademais de The Ex ou Zea.

O seu disco de debut está coeditado por I Own You, discográfica da súa Nottingham natal, e Upset The Rhythm, selo londinense que ten publicado discos de xente como John Maus, Sauna Youth ou No Age.

https://rattleon.bandcamp.com/

Unha das bandas máis molonas do underground británico no Liceo, a túa casa, solicitando só entre 5 e 8€ á vontade como donativo para cambiar parches e botar gasofa.