21 octubre 2015

Rollercoaster Kills + Thee Boas



12144816_892761054133268_4722952688070541145_n

Sábado 24 de outubro ás 20.00

ola caracolas!

Aquí seguimos con novas mandangas, desta volta visitarán o Liceo os madrileños Rollercoaster Kills, que virán acompañados de rico producto galego, Thee Boas.

Os Rollercoaster Kills virán presentando o seu último disco, Life Sweet Gross, vitalista punk rock garaxeiro en entregas curtas e directas gravado nesa meca da producción íntegra e con criterio como é o Estudio Brazil comandado polo gran Javier Ortiz.

https://rollercoasterkills.bandcamp.com/

Completarán o cartaz os galegos Thee Boas que tamén virán con material recente e cundente gravado por Roberto Mallo, garantía de calidade e marca persoal da nosa terra. Volumen, ruído e psicodelia directo a túa orella!

http://theeboas.bandcamp.com/

Toda esta bonita cousa por 5 €, máis comida e bebida a prezos populares.

Abriremos portas ás 20:00, tonto o último!!