15 diciembre 2014

Suso Alonso & Blanca Cendán: Mornings



10857091_744369995639042_1327913793649618114_o

Domingo 21 ás 21.00

Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos MORNINGS, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar…
A aparición dos primeiros aparellos de TV nas vilas, as Vespas, a perrita Marilyn de Herta Frankel, o primeiro festival de Eurovisión, a apertura ó turismo na costa e outras “vicisitudes”… enchían de influenzas inglesas, francesas e italianas, a cultura do momento.
Trátase dun espectáculo de teatro musical onde os protagonistas, os MORNINGS navegan nun contexto atemporal pero, inspirado na estética e na música dos anos 60 rescatando temas e versioneando a Rita Pavone, The Turtles, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.
A idea de situalos nesta época nace co afán de recupera-la inocencia perdida, a ilusión daqueles anos que espertaban dun momento histórico tráxico e que significaba unha apertura de ideas e de liberación na moral que foi transmitida na arte, na moda e na música.

A idea orixinal do espectáculo é de Blanca Cendán e Suso Alonso. O asesoramento artístico de escena vén da man de Roberto Leal e John Eastham.
O traballo vogal é de Ramón Bermejo e a parte de Arte (deseño gráfico, escenografía e vestiario) de Virxinia Barros, xunto coa xastra Cloti Vaello. A maquillaxe é unha creación de Fany Bello e o video “Mornings” de Gael Herrera Batallán.

Toma algo cos MORNINGS no seu peculiar GUATEQUE GLOBAL!
Por só cinco euriños, que irán íntegros para as artistas. Porque aínda que está a baixar o prezo do barril de Brent, a gasolina aínda segue cara, amiga!