19 octubre 2020

Teatro: Combinación Imperfecta, Las Varietés de Petra Porter



petra

Sábado 24 de outubro, teatro: Combinación Imperfecta: Las Varietés de Petra Porter

Estrea: levar os teus zapatos preferidos por primeira vez, sair da pelu co corte que sempre desexaches, deitarte co teu crush ou representar por primeira vez un espectáculo.›
Nunca nos van mentir, «no somos testigas de Jorobar, al menos no fuera del escenario» —afirman Petra e Olivia membros de combinación imperfecta. Encantalles estrear zapatos e teñen as paredes da súa casa cheas de pinturas da súa avoa, pero o máis importante é que o 24 de OUTUBRO é sábado en todo o territorio e estreamos un evento para que gocedes e se vos caigan os mocos da cadeira. ¡Sí, lestes ben! Vide a «Las varietés de Petra Porter» o 24 de OUTUBRO para ser parte dese concurso da tele no que sempre soñástedes estar.
Se credes que 2020 estavos tratando mal, esperade a ver como se relacionan Petra e Olivia. Non tedes nada que perder, aínda que este venres comades xudías con pataca, nada-que-perder. Luces, música, probas, brilli’brilli, piqui’piqui, chunkin’tunklin e moito boogie boogie. Ponche non teremos. ¡Ou sí!
Tede en conta que coa nova situación covidiana o noso aforo queda reducido e, polo tanto, precisamos que fagades as vosas reservas de entradas no seguinte enderezo: teatroliceomutante@gmail.com
Lembrade que a entrada consiste nun donativo de entre cinco e dez euros, destinados íntegramente para para xs artistas, e que temos que coidarnos todxs para manter a seguridade no espazo. O uso de mascara é obrigatorio e dispoñedes de xeles desinfectantes no local.
Abrimos as portas ás sete e media, agardámosvos!