9 septiembre 2019

Videoiid



videoiid

Xoves 12 de setembro ás 20.30

Mecago en leche, Merche!
Que pintan dous suecos e un francés un xoves de setembro en Mollabao? Dar un bolazo e facer amigos!
Dúas guitarras exprimidas nunha turmix e uns ritmos de batería que sempre te collen ao contrapé. Versións de Suicide e cancións rotas berradas a dúas voces. Desde Gotebrog con amor, alí onde o noiserock se pon guapo e viste de No Wave.
Todo isto executado por xente con criterio á proba de bombas que xa coñecemos de Sheik Anorak, Neige Morte, OPAQUE, From Our Hearts, Hallux Valgus, Screens, Hans Creep, etc…

Todo isto é para ti

https://videoiid.bandcamp.com/

Axúdanos a seguir facedo cousas cun donativo entre 5 e 8 € para os músicos