16 enero 2017

Viva Belgrado



viva_

Venres 20 ás 20.30

Que está a acontecer con Viva Belgrado? Estes cordobeses veñen de revolucionar todo o mundo subterráneo co seu screamo abrasador. Liberdade estilística, calidade humana, letras sentidas, actitude e acción diy tanto dentro como fóra do estado…será algunha destas cousas ou o cóctel de todas elas o que está levando á banda andaluza cara unha proxección incalculable?

Ven a comprobar que acontece con Viva Belgrado no Liceo!

Só entre 5 e 8 € – pon o que queiras – para axudar á banda a continuar o seu camiño. Que máis queres?

https://vivabelgrado.bandcamp.com/

Guardar