26 mayo 2015

Vozzyow + Bala + Deliciosa Masa + Serpiéntula



11018570_826674900741884_3121454710553926465_n

Sábado 30 de maio ás 18.30: Wozzyow + Bala + Deliciosa Masa + Serpiéntula

Este sábado, tetra cartel con catro grupos galegos que veñen moi forte de dios:

BALA son V e Anx, son guitarra e batería, son ruído, raiba, distorsión, son un pouco dos 90 e un pouco de area do deserto, son o que a túa avoa non quere que escoites.
Teñen gravado un disco que se chama Human Flesh, que verá a luz do sol nos próximos meses: https://somosbala.bandcamp.com/

VOZZYOW son xente nova de Compostela. Tras tocar xuntos varios anos noutros proxectos formaron a finais de 2014 un trío con integrantes das bandas anteriores. Un groove crú, pesado e directo conforma a súa seña de identidade. O absurdo e o real danse da man para asestar unha labazada que te fará mover o pescozo. Publicaron este 2015 un adianto do que conformará o seu primeiro traballo: PETROGLIFOS MOGOR (PORNO, Nostalgia Records, 2015): https://discosporno.bandcamp.com/album/petroglifos-mogor-adelanto

DELICIOSA MASA son unha pizza do que ti queiras. O seu sabor preferido é a merda con moita salsa e piña. A ninguén lle gusta a pizza con piña. DELICIOSA MASA son esa clase de xente, desprezables e riquiños.

SERPIÉNTULA é a banda da que Adam Jones se sentiría orgulloso. Poderíase escribir Serpiéntoola. Perturbadora salsa machacona reventa cabezas, fácil de bailar e non apta para todos los públicos. Gústalles facer pis na ducha.

Todo isto a cambio de un donativo de soamente cinco euros para sufragar o desprazamento de tanta persoa e chacharrada. Abrimos portas ás 18.30!