28 abril 2016

Wann e Uppercut



wann

Sábado 30 de abril ás 20.15

Ola rapazada!

No Liceo sempre estamos de noraboa, cada día que abrimos as nosas portas é unha alegría e máis cando nos visitan coleguis coma os Uppercut. Desta volta virán facendo un megatándem moi fermoso cos tamén coleguis de WANN.

WANN, son unha dupla forte de Barcelona. Tráennos temas enérxicos e vitalistas con reminiscencias dos 90. Himnos, melodías, estribillos, ritmacos e moita paixón é o que veñen presentando neste seu segundo disco «We knew it was you»:

http://wann.bandcamp.com/

Uppercut xa os coñeces ou deberías, son xente amiga de Ourense, virán presentando o seu novo disco » Grelología» (por fin!). Ritmos trepidantes, intensidade, matemática rock, post o que queiras, pero tocado dende o corazón. Quén dixo que o math rock era aburrido ou estaba exento de sentimento?, dálle o play oh!!!

http://subesube.bandcamp.com/

Toda esta cousa rica por 5 € de donativo para as bandas. Teremos de comer e beber a prezo populares coma sempre. Abrimos portas ás 20:00.

Non sexas parvo e move o cú con nós!