
Os Falcóns organizan un obradoiro de Fútbol de Mesa no LICEO MUTANTE de Pontevedra para todos os que queran aprender a xogar. Será os Domingos entre o 13 de Maio e o 10 de Xuño ás 17:00 horas. Farase un repaso teórico aos principais conceptos do deporte (podedes ver os detalles no programa adxunto), pero será maioritariamente práctico, con exercicios de entrenamento e sobre todo con muitos partidos
Trilitrate + Dios Pentágono!
Xoves 16 de maio ás 22:00
Dende Vigo nos acompañan os Trilitrate, con clase e risco garantizados, con membros xa case míticos do escenario do Liceo como Rubén (Cró, Es un Arbol, Orquesta Metamovida) e Elena (Suelen Estar Quartet, Orquestra Omega), nunha formación de guitarra clásica, violín e acordeón. Todo un reto!
Serán acompañados polos residentes Dios Pentágono, de novo dúo con membros de Sierpes de la Luz, Amapola e Urro, que lle porán música ao filme La Jetée de Chris Marker
Mellor menú non se me ocurre para recibir con xúbilo unha xornada festiva, alimentándonos do pracer da brisa primaveral no noso xardín.
Só por tres euripios (íntegros para as bandas, coma sempre), con comercio e bebercio a prezo posguerril.
Cineclube do Liceo Mutante:Nubes Pasaxeiras
Luns 14 de maio ás 21.00
Dentro do ciclo adicado ao cinema do director finés Aki Kaurismäki esta semana proxectaremos Nubes pasaxeiras (Kauas pilvet karkaavat, Aki Kaurismäki, 1996, Finlandia, 94′,VOS)
Lauri perde o seu traballo como condutor de tranvía e o restaurante onde traballa a súa esposa (o “Dubrovnik”), pechou.
Coma sempre a entrada é de balde.
Esponja + Tora Tora Tora!
A banda barcelonesa Esponja presentan en Galicia o seu magnífico traballo “Hypervigil”, editado polo selo tamén barcelonés Mama Vynila Records. Será a súa primeira visita á nosa terra. Saben mesturar elegantemente sons máis ambientais con trallazos máis punk i escuros.
Unha nova corrente de bandas catalanas ven pisando moi forte, cunha frescura e liberdade musical inexistente no panorama “indie” asentado. Figuran entre elas bandas coma os propios Esponja, Furguson, Aliment, Piñata, Sexy Bicycle ou Univers, entre outras moitas.
Para a outra parte do show contamos cos pontevedreses Tora tora tora! O seu son post-punk e shoegaze compleméntase á perfeción co de Esponja. Levan demostrando máis dun ano a súa valía polos escenarios galegos. Podedes escoitalos no seu bandcamp.
Escoitade e animádevos a vir!!!! Entradas a 5 €, a precio de copa, non será esta unha mala inversión ou???
Black Bombaim!
Venres 11 de maio ás 21:30
Veñen dende a efervescente Barcelos (sede do fantástico Milhoes de Festa) os xa cuasimíticos Black Bombaim. Na súa formación de power-trío estes tres simpáticos portugueses percorréronse e deslumbrado a todo o continente dende a súa formación alá polo afastado 2007 coa súa explosiva mestura de rock do deserto, psicodelia, stoner e máis filigranas de máquina pesada ao Alemaña de Beckenbauer.
Achégate ao Liceo e goza dunha experiencia que xa degustaron nos mellores tablaos de Europa, agora presentando o seu novo cacharro.
http://blackbombaim.bandcamp.com/album/titans
Xa ves ti, por catro euros de puta merda, o que podes facer este venres.
Fasenuova + Koroiev no Liceo!
Xoves 10 de maio ás 21:30!
Roberto Lobo e Ernesto Avelino (Hegemonía, La Cosa) son Fasenuova. Fascinados polos sons de Throbbing Gristle, Esplendor Geométrico, Whitehouse ou Suicide e confinados ás paisaxes industriais do Mieres dos 90, comezaron a súa andaina como Goodbye en 1997.
Como Goodbye fixeron dúas gravacións de longa duración, dous Cds autoeditados e distribuídos por selos como Rotor ou Ozonokids, onde experimentaban con tocadiscos tuneados (moi na liña de Christian Marclay) sintetizadores e caixas de ritmos. O resultado: crepitacións explosivas e atmosferas angustiosas.
En xuño de 2006, inspirados polo título dunha das súas cancións máis antigas, decidiron mudar en Fasenuova. Foi entón cando Arnau Sala, ilustrador, músico e metade de Les Aus ademais de home á fronte do imprescindible selo Ozonokids (Barcelona), púxose en contacto con eles e ofreceulles editar un disco. Seguindo os preceptos do DIY editaron desta forma o seu primeiro vinilo, un split cos americanos ruidistas Angel Dust. Pop con espiñas perfecto para desatar os instintos máis primitivos de calquera mente (preparada para iso). Ademais, en 2009, publican unha edición retrospectiva en dobre casete con Silvox Recordings (Philadelphia). Recentemente acaban de editar o 12″ “A la quinta hoguera” con Discos Humeantes.
http://fasenuova.bandcamp.com/
http://freemusicarchive.org/music/Fasenuova/
http://www.discoshumeantes.com/
Pola súa banda Koroiev é un proxecto de música electrónica da Coruña, a súa intención tanto nos discos como nos directos é contar a historia do mozo Kostia Bogomov
http://koroiev.bandcamp.com/
Todo este espectáculo por só 5 pavetes.
Cineclube do Liceo Mutante: Luces á tardiña
Martes 8 de maio ás 21:30
Continuamos o ciclo adicado ao director finés Aki Kaurismäki coa proxección do seu filme Luces á tardiña (Laitakaupungin valot, Aki Kaurismäki, Finlandia, 2006, 74′,VOSE)
Koistinen, un garda de seguridade que traballa de noite, percorre as rúas buscando un pequeno lugar ao sol, pero a indiferenza xeral e a mecánica sen rostro da sociedade únense para facer trizas, unha tras outra, as súas modestas esperanzas.
Entrada de balde
Ópera Espontánea no Liceo!
Mars Red Sky + Sierpes de la Luz
O Liceo Mutante e Best Cry Ever prod. teñen o pracer de presentar a…
MARS RED SKY, trío de Burdeos que paran no Liceo no medio dunha xira europea que os levou a tocar no festival Roadburn en Tilburg ou no Desert Festival de Berlín. Practican un stoner de calidade impregnado en psicodelia setenteira, riffs pesados e voces hipnóticas que converterán por un día noso frondoso Liceo nun árido deserto onde só florece o peyote.
http://www.marsredsky.com/
http://www.reverbnation.com/marsredsky
http://www.myspace.com/marsredsky
https://www.facebook.com/marsredskyband
Estarán acompañados por SIERPES DE LA LUZ, adoradores do riff integrados por Luis Casanova (Holywater, Guerrera, Un Lobo en la Jaula) Toño (Unicornibot) e Xose (Dios Pentágono, Amapola,Su puta casa)
Esta reunión excepcional por só 5 € (4 € con flyer desconto). E no Liceo xa sabes, alimento líquido e sólido a prezos moldavos.
Por problemas de axenda temos que adiar a proxección do Cineclube do Liceo desta semana para a vindeira.
Desculpade as molestias!


